Chuzanews 17-22

Completamos o lote de chuzanews pendentes coas que se publicaron nos meses de novembro e o que levamos de decembro. A emisión número 17 das Chuzanews, o 3 de novembro, contou coa presentación de Daaaaaaardo, Agapimú, publicidade sobre a calvicie e a intervención estelar de Andressolo.

O programa número 18, do 7 de novembro, tratou sobre Cifras e Letras -un programa moi blogueiro e chuceiro-, GAL -ese peliculón-, e tamén tivo unha canción dedicada, unha psicofonía, e un natalicio: o de Xaime III.

Pasaron once días e, nas CHN 19, coñecemos o curioso caso Viagra, tamén houbo unha canción dedicada e lembramos cales foron os eventos desaparecidos de Chuza.

No programa 20, do 25 de novembro, escoitamos a escalofriante historia de Mari, unha nena perdida no Naseiro, e inauguramos a sección “cartas a Chuzanews”.

O día da constitución chegou o capítulo 21, no que se falou do PDM de moitos chuceiros, o espectacular concerto dos Megaloves en Compostela, a escisión-allnightlong en Chuza e mesmo houbo peticións do ouvinte.

Rematamos coas Chuzanews 22, do 9 de decembro, co debate sobre o xantar de nadal, o anuncio da nova curtametraxe de Nemtele, un pouco de publiacidez, algo de Eighth Wonder en francés e unha nova sección de despedida musical: la Navidad es lo puto peor.

Mañá, máis.

Play

Chuzanews de setembro e outubro (6-16)

Seguimos recuperando todas as chuzanews que saíron á rede até agora. Desta vai un lote ben cargadiño…

25 de setembro, Chuzanews 6: Barrachuza. Sucesos chuceiros. A pregunta do día. Juan Lado cagón.
27 de setembro, Chuzanews 7: O dobre de Andrew Lee. A pregunta do día. Peticións dos ouvintes.
29 de setembro, Chuzanews 8: Santos e aniversarios. Nova caída de chuza. Isolo ou reintegrata?
3 de outubro, Chuzanews 9: A polo bote. A petición de Besbellinha. Premio Chanante Piñeiro. O grupo de last (dende esta data, as CHN deixaron de ser cada dous días).
6 de outubro, Chuzanews 10: Noite troll. Busco piso. Pregunta do día.
9 de outubro, Chuzanews 11: A endogamia en Chuza. Baixo clero chuceiro. CC.
16 de outubro, Chuzanews 12: Especial Casa Cándida. Guerra de edicións na wiki.
20 de outubro, Chuzanews 13: Canción dedicada. New troll on the fedello. Porno en galego.
23 de outubro, Chuzanews 14: San H. Chuza en El Mundo. Spam na wiki. Informático no fedello. Andressolo.
27 de outubro, Chuzanews 15: O blogomillo desaparece. Publicidade. Andressolo rexístrase en Chuza.
31 de outubro, Chuzanews 16: O beizonómetro. Actividade chuceira.

Para nos poñer ao día, xa só faltan outros seis episodios.

Play

Chuzanews 2-5

Agora, dunha tacada, recuperamos as chuzanews 2 a 5. O segundo programa, do 16 de setembro do 2006, tratou sobre o caso Lourixe e o furor das userboxes. Dous temas que, dende logo, hoxe quedan bastante lonxe. Dous días despois saíron as terceiras chuzanews, arredor da volta dos exames de setembro e os xeitos de superar o malestar que producen. Tamén se dixo que o porno non é para os trolls nin para os que non queren que lles chamen trolls. Por último, o estraño caso dos xaponeses termeiros. Chang Pai!

O 20 de setembro (que creatividade máis prolífica a dos primeiros chuzanews) falouse, no programa número 4, dos seis meses da axencia Chuza, da posibilidade de crear unha categoría de ensino -que xa existe-, e da chuzadieta, sección actualmente case esquecida da wiki de Chuza. Rematamos por agora lembrando as chuzanews 5, do 22 de setembro, nas que se tratou da caída do servidor, o mundo de wel e a lei de berto, e mais o feito de que Chuza non cumprira seis meses, senón sete.

Máis información: http://wiki.chuza.org/wiki/Chuzanews

Play