Chuzanews 26

Non se me emocionen, que a cousa non é para tanto. Trátase dun deses decepcionantes clip shows que non teñen nada de novo e que serven para encher o tempo dun episodio sen apenas custo. Pois si: estas chuzanews son un resumo con cachiños de todas e cada unha das chuzanews dende a 1 até a 25. Podía ter sido peor…

Play

Vacacións

Queda moito mellor dicir que estiven un mes de vacacións que confesar que non tiven tempo ou ganas de actualizar este podcast. De todos os xeitos, palabriña do neno Xesús que as próximas chuzanews están ao caer… Esta fin de semana, case seguro. En todo caso, tamén está pendente un resumo dos 25 primeiros podcasts, estilo morriña dixital. E retunear isto un pouquiño, que, ao actualizar ao WordPress 2.1, perdín a ínfima tradución que fixera do patrón. E engadir algún que outro banner de colegueo e todo iso.

Buffff!

Chuzanews 24

Nestas datas tan entrañábeis, nun marco incomparábel, como non podía ser doutro xeito, fundamentalmente, chegan as novas chuzanews en pleno Nadal. Os contidos do programa 24 son: Ascaplan integral. A lista de Mister Blogomorgue. Momento gafapasta no fedello. Vacacións.

De momento é todo. Aínda que xa sei que ninguén le isto, aproveito para desexarlle a todo o mundo unhas boas festas.

Play

Regalo de Nadal

Pois Pai Natal tróuxome este podcast no que se dedican cancións ás persoas e ás non persoas tamén que no seu propio blog piden cancions das que lles gustan pero ao mellor tamén das que non lles gustan pero que están relacionadas con estas datas tan sinaladas porque claro son así de entrañábeis e carismáticas como dicía meu avó é de bo nacido ser agradecido e por iso nun día como o de hoxe que é nadal poño este podcast que é así como moi destas datas e que cada vez que o escoites lembrarás todos os teus familiares e amigos e tamén por que non os teus inimigos que sen eles a vida non sería como é senón doutro xeito e claro dende logo non pode ser doutra maneira de todas todas xa non sei que mais dicir pero ben aquí tedes este podnadal que espero que vos guste moito sobre todo á xente que puxo cousas relacionadas con estas festas no seu blogue xa corto vale veña adeus beizóns.

Podnadal

Play

Chuzanews 23

Como prometera, aquí están as novas chuzanews, con algunhas novidades: novo formato (agora tamén en OGG) e novo aloxamento. O episodio de hoxe trata sobre a cea de nadal da que aínda non se sabe nada, a publicidade dunha sala de festas moi especial, a sección Momento gafapasta, o discurso do rei, o curruncho de Óscar Fernando e, para rematar, a segunda entrega de La Navidad es lo puto peor. Gocen das CHN.

Play