Fin de etapa

Como o tema das Chuzanews ultimamente xa non daba máis de si, decidinlles dar o remate definitivo. Así que, como xa moita xente saberá, as 32 serán as derradeiras, e non haberá máis, a non ser que alguén queira recoller o relevo. Espero non crear expectativas excesivas, mais a miña intención é facer un final por todo o alto… e que non deixe ninguén indiferente.

Chuzanews 28

Non houbo moitas contribucións, pero, aproveitando a inactividade do día do Traballo (que gran paradoxo), xa saíron do forno as novas Chuzanews, o podcast que non ten nada que ver con Chuza!

Recibimos dúas dedicatorias especiais para Nemigo, cuxo papel na rede galega nunca será o suficientemente valorado. Por certo, que poñendo alcumes vaise converter axiña no noso James Ford/Sawyer particular. 😉

Non é Nemigo

Play

En galego

Xa están traducidas practicamente todas as mensaxes deste blogcast, e púxenlle aí abaixo eses pequenos botóns promocionais, que non publicitarios. As chuzanews? Esta tarde, a ver.

Meme(z) sesuarl

Como xa explico no propio podcast, non puiden fuxir desta obriga moral. Advertencia: igual non senta ben se se escoita mentres se ERDF. A duración non está demasiado mal: vinte minutos. E, antes de que ninguén diga nada, porque a este blogueiro non lle gusta que lle corrixan as grallas, porque non ten, nin os fallos, que si que os ten pero non lle fai ningunha graza que llos boten á cara: onde digo “principios dos oitenta” debín dicir “finais dos oitenta”, concretamente 1988. De nada.

ERDF

Play