Fin de etapa

Como o tema das Chuzanews ultimamente xa non daba máis de si, decidinlles dar o remate definitivo. Así que, como xa moita xente saberá, as 32 serán as derradeiras, e non haberá máis, a non ser que alguén queira recoller o relevo. Espero non crear expectativas excesivas, mais a miña intención é facer un final por todo o alto… e que non deixe ninguén indiferente.

Chuzanews 28

Non houbo moitas contribucións, pero, aproveitando a inactividade do día do Traballo (que gran paradoxo), xa saíron do forno as novas Chuzanews, o podcast que non ten nada que ver con Chuza!

Recibimos dúas dedicatorias especiais para Nemigo, cuxo papel na rede galega nunca será o suficientemente valorado. Por certo, que poñendo alcumes vaise converter axiña no noso James Ford/Sawyer particular. 😉

Non é Nemigo

Play

Chuzanews 26

Non se me emocionen, que a cousa non é para tanto. Trátase dun deses decepcionantes clip shows que non teñen nada de novo e que serven para encher o tempo dun episodio sen apenas custo. Pois si: estas chuzanews son un resumo con cachiños de todas e cada unha das chuzanews dende a 1 até a 25. Podía ter sido peor…

Play

Chuzanews 24

Nestas datas tan entrañábeis, nun marco incomparábel, como non podía ser doutro xeito, fundamentalmente, chegan as novas chuzanews en pleno Nadal. Os contidos do programa 24 son: Ascaplan integral. A lista de Mister Blogomorgue. Momento gafapasta no fedello. Vacacións.

De momento é todo. Aínda que xa sei que ninguén le isto, aproveito para desexarlle a todo o mundo unhas boas festas.

Play